Posts etiquetados con ‘Concurso’

Ganadores del I Concurso PintaTaurus 2015

El jurado del Concurso de Pintura y Escultura “Pintaurus 2015” ha emitido su fallo, declarando vencedor en la categoría de Pintura al artista español radicado en Francia, Marcos Lozano Merchán, por su obra “Mi tierra amada”, una obra realizada al óleo sobre tabla, con unas medidas de 80×60, en la que se aprecia la figura de un toro bravo.

Por su parte en la categoría de Escultura el premiado ha sido César Orrico Méndez, por su obra “Knosos”. Ha sido realizada en bronce a la cera perdida y madera y sus medidas son 95x25x25. El autor describe su obra como “Una figura desafiante de toro torero encajado en madera”.

Cada concursantes recibirá un premio 3.500 € y ambos autores tendrán la posibilidad de exponer el conjunto de su obra en la sala “Antoñete” de la plaza de toros de Las Ventas durante la temporada 2016 y en la galería Modus Operandi, en la exposición “Tauromaquia” que ésta organiza anualmente. Además, estas dos obras ganadoras junto con el resto de obras finalistas del I Concurso “Pintaurus 2015” podrán verse en la sala “Antonio Bienvenida” de la Plaza de Toros de Las Ventas los domingos 19 y 26 de abril y los días 1, 2 y 3 de mayo,  durante la hora previa al festejo que se celebre ese día.

PinTaurus 2015

El Concurso fue convocado este año por primera vez por la Consejería de Presidencia y Justicia de la Comunidad de Madrid, que preside  el Consejero y Portavoz del Gobierno, Salvador Victoria, quien además preside el Consejo de Asuntos Taurinos. El certamen estaba dirigido a estimular la participación de jóvenes artistas en la creación pictórica y escultórica taurina, ofreciéndoles un marco de proyección de nuevos pintores y escultores taurinos. En su convocatoria se ha contado con la  colaboración de  la Galería Modus Operandi.

El Jurado, integrado por artistas de prestigio en el mundo del arte, ha valorado la creatividad y calidad de las obras presentadas, cuyo tema de inspiración ha sido el toro bravo y su entorno, así como las fiestas taurinas tanto en la plaza como en la calle.

Premio Escultura

Etiquetas: , , , ,

I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Dotación: 16.000 euros

O Festival Outono Fotográfico, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia convocan o I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA, de acordó coas seguintes

BASES

PRIMEIRA | Obxecto Promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Promover a creación dun espazo fotográfico en Galicia que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual- fotográficas por parte de autores/as tanto nacionais como estranxeiros.

Poderá participar calquera autor ou autora que traballe coa fotografía con independencia da súa nacionalidade, tendo en conta que no fallo do Xurado pesará de modo especial a súa inserción no discurso da fotografía contemporánea.

SEGUNDA | Premio O I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA ten un orzamento de 16.000 euros. Concederase un único premio consistente en:

1. PRODUCIÓN DUNHA EXPOSICIÓN. Co proxecto fotográfico premiado producirase unha exposición temporal que se inaugurará entre os meses de novembro e decembro de 2013; as características técnicas serán fixadas polo autor e co asesoramento do curador nomeado ao efecto polo Outono Fotográfico.

2. PUBLICACIÓN DE LIBRO A edición do libro que configure a colección «PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA» e que se distribuirá nas librarías. Ademais, unha selección de fotografías que o curador nomeado polo Festival Outono Fotográfico decida, formará parte do libro do Festival Outono Fotográfico do ano corrente.

ITINERANCIA. A exposición será inaugurada na cidade de Lugo, e itinerará durante 5 anos dentro da programación do Festival Outono Fotográfico e tamén da programación que elabore a tal efecto tanto a Deputación de Lugo como a Xunta de Galicia.

TERCEIRA | Características do proxecto a presentar As/os autoras/es participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado en calquera data comprendida entre outubro de 2003 e outubro de 2013, e que non fora subvencionado ou becado na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquera soporte, con enteira liberdade respecto ao tema e á técnica.

CUARTA | Prazo de presentación, devolución e condicións O prazo de presentación das obras será do 23 de xullo de 2013 ao 4 de outubro de 2013. Os proxectos presentaranse persoalmente, por correo ou por medio de calquera empresa de transporte, de luns a venres, e en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas en:

DIFUSORA DE LETRAS ARTES E IDEAS I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA Rúa Bedoya, 5 – 1º drta. 32004 Ourense

Deberá terse en conta que só se aceptarán aqueles paquetes de Correos (ou calquera outra empresa de mensaxería) coa data límite do 4 de outubro de 2013 acreditada mediante o resgardo correspondentes ao envío. Asemade, a organización pechará a recepción de paquetes o luns 14 ás 20:00 horas en razón á demora dos tránsitos internacionais. Os gastos de envío e retorno, así como os seguros de transporte (no caso de habelos) dos proxectos, correrán por conta do autor ou autora, salvo na devolución do proxecto seleccionado que se fará ao enderezo indicado no boletín de inscrición. Os dossieres non seleccionados enviaranse ao seu autor ou autora de volta nos 20 días posteriores a partir do seguinte día do fallo do xurado, sempre e cando teñan enviado no paquete un sobre onde colla toda a documentación, co destinatario debidamente cumprimentado e cos selos que garantan a volta xa pegados. No caso de non introducir o sobre e os selos no paquete a organización entenderá que o autor ou autora declina a súa devolución, polo que quedará en propiedade da organización do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA. A organización non se responsabilizará das perdas ou danos causados durante o envío ou recepción. A/o concursante poderá contratar, pola súa conta, un seguro que ampare os riscos aludidos anteriormente.

QUINTA | Documentación a presentar

A. O Proxecto: 1. Os/as autores participantes deberán entregar un dossier onde se debulle un proxecto fotográfico que teña por obxectivo culminar nunha exposición e un libro. Este dossier non terá unha extensión maior a 5 folios e presentarase en papel por duplicado e en CD. 2. 2. 3. Un porfolio con non menos de 15 imaxes do proxecto, onde se poderán facer breves apuntamentos a modo de pé de foto que vallan de aclaración ao xurado. As imaxes non superarán o tamaño de 20×30 cm. Dito porfolio presentarase tanto en formato dixital con 300 dpi e en JPG (comprimido en calidade boa), como en formato impreso. 4. Un segundo porfolio de non menos de dez imaxes de outros traballos, nun tamaño non superior a 20×30 cm. Dito porfolio presentarase só en formato dixital no mesmo CD con 300 dpi e en JPG (comprimido en calidade alta). B. Asemade e, inescusablemente en sobre pechado, a seguinte documentación nesta orde: 1. Impreso de participación debidamente cumprimentado e firmado que se atopa ao final das presentes Bases (colgadas en www.outonofotografico.com). 2. Fotocopia do D.N.I., ou Pasaporte. 3. Currículo da/o autor/a. Non se considerará documentación presentada aquela enviada a través de e-mail. Para calquera consulta ou aclaración poden dirixirse a:

- festival@outonofotografico.comwww.outonofotografico.com SEXTA | Composición do Xurado

O Xurado reunirase o 16 de outubro de 2013 e estará composto por:

1 persoa que nomee a Deputación de Lugo

1 persoa que nomee a Xunta de Galicia

Director do Outono Fotográfico

Curador que nomee o Outono Fotográfico

Galerista especializado en fotografía

Curador independente con experiencia no mundo da fotografía

Fotógrafo

Actuará como Secretario con voz e sen voto, un funcionario/a de calquera das administracións patrocinadoras.

SÉTIMA | Proceso de selección de obras e publicidade do fallo O Xurado fará a selección de tres proxectos, que serán os finalistas. Os nomes dos autores ou autoras publicaranse o 16 de outubro en www.outonofotografico.com e nas redes sociais do festival. A selección realizarase atendendo á linguaxe visual do autor ou da autora, á calidade fotográfica, á contemporaneidade. 48 horas despois o Xurado elixirá ao gañador ou gañadora de entre os finalistas, e o seu nome será publicado nas mesmas canles citadas máis arriba. O fallo do Xurado será inapelable, podendo este declarar deserto o premio. A organización só contactará directamente co autor ou autora gañador/a. Unha vez comunicado o fallo ao gañador/a entregaránselle as presentes bases firmadas pola organización que servirán de contrato para que esta cumpra o que nelas se compromete.

autoras publicaranse o 16 de outubro en www.outonofotografico.com e nas redes sociais do festival. A selección realizarase atendendo á linguaxe visual do autor ou da autora, á calidade fotográfica, á contemporaneidade. 48 horas despois o Xurado elixirá ao gañador ou gañadora de entre os finalistas, e o seu nome será publicado nas mesmas canles citadas máis arriba. O fallo do Xurado será inapelable, podendo este declarar deserto o premio. A organización só contactará directamente co autor ou autora gañador/a. Unha vez comunicado o fallo ao gañador/a entregaránselle as presentes bases firmadas pola organización que servirán de contrato para que esta cumpra o que nelas se compromete.

o seu proxecto antes do día 23 de outubro de 2013. A organización poderá poñerse en contacto co gañador ou gañadora para supervisar o traballo realizado. O Festival Outono Fotográfico designará unha persoa que apoie ou titorice o proxecto gañador, así como un comisario para a exposición resultante. O Festival poderá solicitar ao gañador/a material adicional para incluír no libro a editar. NOVENA | Exposición e edición do libro A exposición producirase logo de ter entregado o traballo e até o 15 de novembro. O 26 de novembro rematarase a edición e impresión do libro, de xeito que ámbolos dous estean listos para a inauguración da exposición, o 28 de novembro, dentro do marco do Festival Outono Fotográfico. A mostra inaugurarase no Museo Provincial de Lugo o 28 de novembro de 2013 e clausurarase logo de ter pasado o Nadal. A exposición itinerará durante cinco anos dentro da programación do Festival Outono Fotográfico en diferentes localidades. O libro editado distribuirase polas librarías. Ademais ao autor ou autora entregaránselle 100 exemplares.

DÉCIMA | Garantes As fotógrafas e fotógrafos son legalmente responsables de garantir que cumpren cos requisitos do I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA en canto a propiedade en sentido estricto e intelectual. As inscricións que non satisfagan estes criterios non se poderán seleccionar e serán sacadas do concurso. Ao aceptar participar no I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA, os autores e autoras:

1. Garanten que son os propietarios do traballo que presentan, que posúen ou que lles está conferida na súa totalidade a propiedade intelectual e que se o traballo foi encargado con fins privados e domésticos posúe a autorización da persoa ou entidade pública ou privada que o encargou. 2. 2. 3. Aceptan que a parte do seu traballo que pasa a formar parte do acervo do Festival Outono Fotográfico (punto 10.8 destas bases) poida ser posteriormente aos cinco anos de itinerancia en calquera outro lugar de exposición promovido polos organizadores. 4. Aceptan que a organización poida reproducir e/ou licenzar a reprodución de calquera das imaxes ou textos que formen parte do proxecto premiado no PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA, sen que leve parello ningún pago ao fotógrafo/a ou a modelo algún pola utilización con fins culturais e educativos e tamén os relativos á difusión do Premio, en calquera medio de ámbito mundial, engadidos catálogos e Internet. 5. A propiedade intelectual das fotografías seleccionadas será mantida en todo momento pola fotógrafa ou fotógrafo e sempre que se use unha imaxe a autoría da mesma será atribuída ao autor/a. 6. Nos 5 anos que a exposición estea itinerando, o autor/a ten dereito a solicitala e dispor dela, sempre e cando estea libre e se encargue dos transportes e seguros da mesma. 7. O libro editarase en Difusora de Letras, Artes e Ideas, a que non retribuirá ningún importe ao autor pola publicación e xestión da publicación. A ratio de venda que correspondería ao autor ou autora repercutirá no Premio Galicia de Fotografía Contemporánea do seguinte ano e non no autor ou autora. Farase unha soa edición de 1.000 exemplares. O Festival Outono Fotográfico reservase o dereito á reedición que, chegado o caso, se negociará co autor ou autora. 8. A exposición producida será propiedade do autor ou autora premiada salvo un duplicado da obra ou obras seleccionadas polo xurado e que pasará a formar parte do fondo fotográfico do Festival Outono Fotográfico. UNDÉCIMA | Aceptación das Bases A participación no I PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA supón a plena aceptación das presentes bases e, no previsto nas mesmas, estarase ao que dictamine o Xurado, que terá un fallo inapelable.

Etiquetas: , , , , ,